Circanelo

 In Uncategorized @gl
Circanelo actuará o …

Circanelo é teatro textual, danza e acrobacia; é espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo, ternura e inxenio. Un personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo.

O público acompañarao nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos aos conflictos deste paiaso que non duda en expoñerse, en amosarse para chegar a grandes e a nenos.

Alfredo Pérez Muíño

Licenciado en Educación Física e Deporte finaliza os seus estudos na escola de Circo Carampa (Madrid) e continúa a súa formación como especialista en técnicas circenses na Escola Nacional de Rio de Janeiro, Escola de Circo Criollo de Buenos Aires, Escola Nacional de Circo de Cuba e Bont´s International Clown School en Ibiza con maestros como Michelle Dallaire, Thomas Liebhart,
Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Josep Collard, Nola Rae, …

Además do seu traballo en solitario forma parte de compañías como“Lusco e Fusco” (2009-2018), “Elefante Elegante” (2006-2019), “Chipolatas” (2015-2019) en condición de actor, bailarín e acróbata.

No ámbito do traballo social colabora con entidades como a Fundación Vicente Ferrer (India), Fundación Theodora (Suiza-España), Fundación María’s
Children (Moscú), …

Na súa traxectoria profesional figuran destinos nos cinco continentes. Arxentina, Brasil, Costa Rica, México, Inglaterra, Holanda, Polonia, Letonia,
Argelia, Palestina, Australia, India, Rusia, China ou Xapón son algúns dos países polos que pasou compartindo a súa particular forma de entender as artes escénicas.