Tecnoloxía Cashless
GULLIVER FEST incorpora a tecnoloxía Cashless, un sistema que permite realizar pagos de forma rápida e segura mediante unha pulseira-moedeiro en todas as barras do festival.
⚠️ IMPORTANTE: este será o único método de pago nas barras. Quedan excluídos os foodtrucks, o mercado e o merchandising, que seguirán utilizando os seus propios sistemas de cobro.
A pulseira é persoal e intransferible, quedando asociada a unha soa persoa. Se se manipula, será invalidada. A súa entrega é totalmente gratuíta e non supón ningún custo adicional.
¿COMO CONSIGO A MIÑA PULSEIRA?
- Se tes entrada para a Zona Camper, Acampada ou Glamping, recibirás a túa pulseira ao facer o check-in.
- Se non estás inscrito nestas zonas, poderás solicitala en calquera dos puntos de recarga habilitados dentro do festival.
DURANTE O FESTIVAL
Poderás cargar a túa pulseira nos puntos de recarga físicos dispoñibles do seguinte xeito:
- En efectivo ou con tarxeta.
- Recarga tantas veces como queiras en calquera punto habilitado.
- Consulta o teu saldo nos puntos de recarga ou en calquera barra; só pídello ao noso persoal e amosaracho.
⚠️ IMPORTANTE: Conserva a túa pulseira ao rematar o festival, xa que a necesitarás para solicitar a devolución do teu saldo. Non haberá outra forma de facelo.
AO REMATAR O FESTIVAL
O período de devolucións estará dispoñible dende o luns 11/08/2025 ás 10:00 h ata o domingo 17/08/2025 ás 23:59 h.
Habilitarase unha ligazón na web oficial onde deberás introducir o código da túa pulseira para solicitar a devolución. Durante ese período poderás recuperar en liña o diñeiro non consumido cargado na túa pulseira.
📌 A ter en conta:
- O trámite non ten ningún custo. Non se devolverán importes inferiores a 1 €.
- É imprescindible conservar a túa pulseira: o código necesario atópase no reverso.
- A devolución só poderá solicitarse en liña.
- Non se atenderán solicitudes fóra do prazo establecido.