Cómo chegar
O Gulliver Fest celébrase na
Área Natural Muíño de Pedroso – Camping Río Xuvia
Anímate e ven ao Gulliver Fest, podes achegarte de diferentes xeitos:
- Por estrada
As principais vías de chegada ao noso municipio son:
- Autoestrada AP9: actualmente a autoestrada AP-9 (Ferrol-Narón-Madrid).
- Autovía AG64: A autovía A-64, une Narón con As Pontes e Vilalba.
O máis fácil para chegar é marcar esta ubicación en calquera navegador actual.
- En tren
A través das liñas de RENFE-FEVE. Podes consultar aquí os horarios.
- En coche compartido
No Gulliver Fest apostamos por compartir experiencias, comparte o teu coche a través de apps para vivir o festival!
- A pé ou en BTT
Esta ruta transcorre ao lado do río Xuvia. Partindo do Paseo Marítimo de Xuvia ao longo de quince quilometros e medio ofrece un recorrido no que se mezclan lugares de interese histórico e cultural con paisaxes que nos permitirán desfrutar da natureza.
Ao final da ruta chegarás ao Gulliver Fest!.
Podes descargar a ruta na seguinte ligazón: Paseo polas marxes do río Xuvia.
As características destas ruta son:
- Dificultade: media
- Duración 1 hora e 30 minutos
- Distancia: 15 quilómetros e medio