Cómo chegar

O Gulliver Fest celébrase na
Área Natural Muíño de Pedroso – Camping Río Xuvia

 

Anímate e ven ao Gulliver Fest, podes achegarte de diferentes xeitos:

  • Por estrada

As principais vías de chegada ao noso municipio son:

  • Autoestrada AP9: actualmente a autoestrada AP-9 (Ferrol-Narón-Madrid).
  • Autovía AG64: A autovía A-64, une Narón con As Pontes e Vilalba.

O máis fácil para chegar é marcar esta ubicación en calquera navegador actual.

  • En tren

A través das liñas de RENFE-FEVE. Podes consultar aquí os horarios.

  • En coche compartido

No Gulliver Fest apostamos por compartir experiencias, comparte o teu coche a través de apps para vivir o festival!

  • A pé ou en BTT

Esta ruta transcorre ao lado do río Xuvia. Partindo do Paseo Marítimo de Xuvia ao longo de quince quilometros e medio ofrece un recorrido no que se mezclan lugares de interese histórico e cultural con paisaxes que nos permitirán desfrutar da natureza.

Ao final da ruta chegarás ao Gulliver Fest!.

Podes descargar a ruta na seguinte ligazón: Paseo polas marxes do río Xuvia.

As características destas ruta son:

  • Dificultade: media
  • Duración 1 hora e 30 minutos
  • Distancia: 15 quilómetros e medio